Máis de 600 persoas participaron na andaina solidaria de Cenlle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello de Cenlle celebrou onte domingo a 13ª edición da súa andaina solidaria. Neste caso, os fondos recaudados serán para o proxecto “Infancia con dificultades” da Cruz Vermella. Un total de 600 persoas animáronse a participar nesta proba, aproveitando o bo tempo. A alcaldesa Rebeca Sotelo, detallounos cal é o percorrido, que tivo que ser modificado nalgúns tramos con respecto ás anteriores edicións, xa que algunhas zonas aínda se atopaban inundadas polas choivas das pasadas semanas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Saíron ás 9:30 horas no Campo de Fútbol de Cenlle, con dúas opcións de percorrido: unha ruta curta de 11 kilómetros e unha ruta longa de 18 kilómetros. Son moitos os que repiten ano tras ano, motivados pola boa organización e por estar xa consolidada no calendario. Un ano máis, foi todo un éxito de participación e de organización.