“Ante o estado crítico dos servizos sociais municipais e a situación extrema da inestabilidade orzamentaria que non garante, nin sequera, poder aboar as nóminas dos e das traballadoras públicas durante o presente ano o que fai e desviar a atención”, afirmou a portavoz do PSdeG no Concello, Natalia González
O grupo municipal socialista lamenta que, outra vez máis, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, invirta máis tempo en distraer a atención da cidadanía que en traballar por ela. “Tendo coñecemento, no día de hoxe, do traslado do interventor municipal á Concellería de Facenda o que podemos manifestar é que non se trata, nin máis nin menos, que doutra manobra de distracción do rexedor”, destacou a portavoz do PSdeG no Concello, Natalia González Benéitez.
“Ante o estado crítico dos servizos sociais e a situación extrema da inestabilidade orzamentaria que non garante, nin sequera, poder aboar as nóminas dos e das traballadoras públicas durante o presente ano o que fai e desviar a atención cara ao funcionariado e cara os responsables de fiscalizar o labor do goberno que encabeza”, subliñou a tamén secretaria xeral do partido en Ourense.
Nesta liña, e referíndose ao caso concreto do interventor, engadiu que é cuestión de tempo que volva de novo ao seu posto de traballo “respectando os tempos da Xustiza”, logo de que onte se celebrase a vista oral do proceso aberto no que o alto funcionario demandou por suposto acoso laboral ao alcalde. “Non podemos máis que rexeitar a maneira de proceder do rexedor e pedimos que tome o timón deste executivo, xestionado por Democracia Orensana S.L., que o único que intenta é demonizar aos empregados e empregadas públicas”, rematou.