Moción do PP sobre a falta de transparencia do goberno do concello de Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A transparencia fiscal é un aspecto crucial para o bo funcionamento dun concello.
•Democracia e Control Cidadán: A transparencia reforza o carácter democrático de calquer administración pública. Cando os cidadáns coñecen como se toman as decisións que lles afectan, como se xestionan os fondos públicos e baixo que criterios actúa o goberno municipal, isto permite un control cidadán efectivo.
•Participación e Datos Fiables: A transparencia permite unha maior participación cidadá. Cando os datos son fiables e accesibles, a cidadanía pode opinar e tomar decisións
informadas. Ademais, a transparencia tamén garante o cumprimento dos programas de goberno, xa que se poden avaliar os resultados.
•Goberno Aberto: A cultura da transparencia non debe ser simplemente unha obrigación legal, senón un obxectivo fundamental para lograr unha sociedade mellor. A través da
transparencia, conseguimos un verdadeiro goberno aberto.
En Galicia, a Lei 1/2016 de Transparencia e Bon Gobierno establece as obrigacións de transparencia para as administracións públicas, incluíndo os concellos
Despois de ver a resolución da alcaldía dando conta do contido da liquidación do orzamento de 2023, formulada pola intervención, na que se resolve aprobar a citada liquidación do orzamento; esta resolución apróbase por decreto sen pasar polo
pleno e sen embargo, sae o Alcalde na prensa comentándoa.
A falta de explicacións aos grupos e á poboación dos dereitos e obrigas recoñecidos polo Concello.
Na citada conta, o interventor explica que non se cumpren o obxetivos de estabilidade.
Neste ano 2024 se reactivan as regras fiscais
Informe de próroga dos orzamentos do exercicio 2024 prevé que se incumpla a estabilidade por un importe de -2.386.191,2 euros.
O aumento de endebedamento polos gastos do capitulo IV.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Polo que solicitamos :
Información e transparencia en temas orzamentarios.
Levar a pleno e explicar a conta orzamentaria anual.
Explicar en pleno os saldos de dubidoso cobro, as partidas pendentes de aplicación, os créditos que ten o concello cos bancos e o remanente de tesorería
Que se cumpran os obxetivos de estabilidade orzamentaria nas entidades locais