A compañía Antagonista Teatro muda a súa sede para O Carballiño e aposta por crecer desde a vila

Antagonista Teatro muda a súa sede ao Carballiño grazas ao apoio do Concello, segundo afirmou o seu fundador, José Vaquero. A compañía teatral, nada en 2016 en Ourense, busca medrar no novo lugar, que conta con ampla tradición teatral e una  forte base de teatro afeccionado.

O concelleiro de cultura do Carballiño, Diego Fernández, agradeceu á compañía o seu compromiso coa vila e destacou a súa importancia para o tecido cultural do Carballiño. “Esta compañía achegará un gran valor cultural e será un estímulo para unha escola municipal de teatro e para os bos grupos de teatro afeccionados que xa existen na vila”, explicou. “A cultura do Carballiño sigue así medrando e gañando relevancia en Galicia grazas a compañías”, engadiu.

AVANTAR ACTIVIDADES

O equipo de Antagonista Teatro tamén anunciou a data de estrea do seu novo espectáculo, “Insubmisa”, no Auditorio do Carballiño o 23 de setembro. Trátase dunha peza de teatro contemporáneo protagonizada por Iria Sobrado e dirixida por Pepe Domínguez, recentemente premiado nos María Casares, na que se pon enriba da mesa a cuestion de se é posible a liberdade da muller cando a  historia segue a ser escrita por homes. O equipo complétase con Marta Alonso na dirección  e acompañamento de movemento e coreografía, e cos actores Javier Octavio de Toledo e José Vaquero.

Á actriz Iria Sobrado, natural do Carballiño, mostrou a súa satisfacción por ser protagonista deste novo espectáculo, que servirá para poñer enriba dá mesa a pregunta sobre a liberdade das mulleres nun contexto non que a historia segue a ser escrita por homes.