O vindeiro martes dia 14 de maio na Casa da Cultura do Carballiño às 20.30 horas o vencello entre o fùtbol e a identidade cultural serà o eixe esencial dunha palestra que se enmarca dentro dos actos conmemorativos do 50 aniversario da fundaciòn da A.C.Avantar.
Fùtbol e Identidade è a denominaciòn deste foro que terà coma protagonistas a o ex -director do xornal “A Nosa Terra”, Afonso Eirè e ao carballiñès Josè Fernàndez Godoy, e no cal o xornalista natural de Chantada profundizarà na historia do fùtbol galego dende a perspectiva cultural e social; autor de numerosas obras encol dos mais diversos temas, a sùa publicaciòn “O fùtbol na sociedade galega” è un dos pilares bàsicos para comprender a importancia do deporte rei na Galiza.
Pola sùa banda, Josè Fernàndez Godoy è todo un referente na evoluciòn do deporte local, e mais en concreto do fùtbol, xa que atesora unha longa traxectoria en canto a dinamizaciòn deportiva, ademais de exercer de àrbitro, entre outras facetas destacadas da sùa personalidade.