Luis Menor felicita á Asociación de Viúvas María Andrea no seu congreso rexional “por ser un gran exemplo de sororidade e rede de apoio ás mulleres desde hai máis de 40 anos”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no congreso rexional da Asociación de Viúvas María Andrea, que tivo lugar en Santa Cruz de Arrabaldo e no que este colectivo nomeou fillo predilecto ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, “desde logo, un recoñecemento ben merecido, pois sempre foi un gran valedor de todas vós e nunca deixa de tervos presentes”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Menor agradeceu o seu labor a este colectivo: “sodes una parte fundamental da nosa sociedade”, sobre todo polo seu labor inmenso na loita contra a soidade e a integración das mulleres que xa non teñen ás súas parellas.

“Todas vós sodes o maior exemplo da sororidade e da marabillosa rede de apoio que levades desenvolvendo desde hai xa 40 anos, pois foi no 1984 cando a Asociación María Andrea comezou a súa andaina, continuando co seu obxectivo fundacional: loitar contra todas as discriminacións da muller viuva na nosa sociedade, procurando o seu pleno desenvolvemento”, sinalou Menor, quen garantiu a continuidade e o reforzo da cooperación da Deputación coa Asociación María Andrea, “pois non deixaremos de articular políticas, servizos e axudas para que as mulleres podades desenvolvervos en plenitude e liberdade”.