O BNG organiza unha Andaina Reivindicativa contra a Central Hidroeléctrica Reversible que se pretende instaurar no Coto de Novelle

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro sábado 18 de maio ás 10.30h o BNG organiza unha Andaina Reivindicativa contra a Central Hidroeléctrica Reversible que se pretende instaurar no Coto de Novelle, a cal perxudicará directamente aos Concellos de Castrelo de Miño, Cartelle e Arnoia. Aínda que a realidade é que dita central será unha ameaza para toda a contorna, afectando a calidade de vida dos seus habitantes.
Trátase dun roteiro de 8 Km, de baixa dificultade.
Sairemos da Capela de Reigoso, no Concello de Castrelo de Miño até a zona na que se atopan os petróglifos onde Roberto Pacual fará unha pequena intervención sobre como afectará a construción da central o patrimonio cultural do Ribeiro para, posteriormente, dirixirnos á zona na que se pretende contruir a megabalsa onde Bieito Lobeira falará sobre a importancia de ter unha voz propia no Europarlamento que defenda os intereses dos galegas e, en concreto que denuncie expolios coma a construción da megabalsa. Finalmente, voltaremos de novo a Capela e alí compartiremos uns petiscos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para poder participar será necesario inscribirse, gratuitamente, na seguinte ligazón:https://forms.gle/BDe8WZZQDquHZQqf6