Luis Menor reivindica Raigame como “eixo central de todas as celebracións do Día das Letras Galegas en Galicia”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Vilanova dos Infantes, 17 de maio de 2024. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na 21ª edición de Raigame, a romaría etnográfica que poñen en marcha a Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; o Concello de Celanova e a propia veciñanza de Vilanova dos Infantes, a quen Menor felicitou, “pois a meirande parte do éxito desta festa é grazas a vós”.  

Na súa intervención, Luis Menor reivindicou que “debemos facer entre todos que Raigame sexa o eixo central de todas as celebracións do Día das Letras Galegas en Galicia”. 

Menor definiu a Raigame como “un dos tesouros etnográficos da nosa provincia e, como tal, desde a Deputación mimamos esta cita como se merece, sendo un fiel reflexo da idiosincrasia galega, un xeito diferente para nos sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa tradición”. Tamén animou o presidente provincial aos asistentes “a disfrutar, viaxando no tempo”, cun protagonismo destacado para os doces, xa que este ano a organización adícalle esta romaría a unha actividade ou oficio con raíces na cultura popular, e nesta edición o protagonismo é para a Repostería, “cun especial recordo para “As isoliñas” e os seus bolos que tanto se lembran en Celanova”. 

Por último, Luis Menor agradeceu a todos os participantes “por acudir a este referente da difusión e transmisión da cultura popular e tradicional para toda Galicia”, sinalando que asiste xente de todas as provincias galegasd, así como de Zamora, León, Asturias e Portugal. E tamén manifestou o seu agradecemento á organización “polo seu empeño de seguir subindo o nivel de Raigame ano tras ano, algo que non é fácil pero que gracias ao traballo ben feito supéranse en cada edición”. 

Menor tamén participou no descubrimento do selo conmemorativo de Raigame, deseñado pola Asociación Filatelia Miño de Ourense.