Ribeiro en Común pide que Ribadavia se sume aos concellos que están enviando axuda humanitaria aos refuxiados de Gaza a través da ONU.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, pedimos que se respalde a labor que realiza a axencia das Nacións Unidas UNRWA en favor da poboación refuxiada neste conflito, en especial coa infancia de Gaza.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Neste sentido, Ribeiro en Común pide que Ribadavia se sume aos concellos e administracións que están aprobando axuda de cooperación para a poboación refuxiada de Gaza a través da UNRWA (ONU), e demanda que se incrementen a cooperación humanitarias con novas axudas.

Ribadavia, 23 de maio.

A semana pasada publicábase que Concellos e deputacións galegas achegan axuda humanitaria a Gaza a través da UNRWA.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, formado por 105 concellos e máis as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, anunciou o pasado mércores 15 o envío a Gaza de dez mil euros de axuda humanitaria, que se distribuirá a través da Axencia de Nacións Unidas para a Poboación Refuxiada de Palestina (UNRWA). A achega proporcionará alimentos básicos e auga potable a 289 persoas vulnerables durante un mes.

Falamos de produtos básicos ou listos para ser inxeridos, como fariña, pan, galletas, feixóns, polo, carne en lata ou dátiles, que permitan combater os altos niveis de desnutrición e inseguridade alimentaria. Segundo se informa por parte do Fondo Galego, o cargamento chegará desde Exipto a través do paso de Rafah, controlado por Israel, que segue a acumular atrasos nas entregas. Unha vez crucen a fronteira, poderán ser distribuídos nos refuxios da UNRWA ou nos propios fogares.

Así mesmo, pedimos que se traslade á FEGAMP novas iniciativas a favor de reforzar a axuda humanitaria por parte dos concellos galegos á poboación de Gaza na grave crise humanitaria que se está a vivir. A nosa capacidade de axuda é moito máis importante que a que se está a realizar, os concellos galegos podemos facer máis, e debemos estar a altura da historia.

Ribeiro en Común defenderá no pleno ordinario de este mes unha proposición que ten por obxectivo que o Concello de Ribadavia, como institución, manifeste o seu respaldo á imprescindible labor que realiza a UNRWA en favor da poboación refuxiada de Palestina, tanto en Gaza como na Cisxordania, así como en todos os campos de refuxiados que existen por causa deste conflito, e pide que o Concello de Ribadavia se sume aos concellos e administracións que están aprobando axudas de cooperación para a poboación refuxiada da Gaza Palestina.

Moitos concellos xa aprobaron e están a aprobar resolucións semellantes a esta.

Tamén pedimos unha maior implicación da Xunta, Deputación, Estado e sobre todo da FEGAMP na colaboración e cooperación con este organismo para facerlle fronte á situación tan grave que vive a poboación en Gaza: crise de fame, epidemias, ausencia de medicación e medios sanitarios, sufrimento de inocentes e infancia allea a toda guerra e conflito.

Por todo isto, consideramos que as Administracións locais non permanezan indiferentes a esta dura realidade e aporten o seu gran de area para mitigar o terrible sufrimento de inocentes.