A Plataforma en Defensa da Sanidade reúne a 300 persoas pedindo melloras

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño segue loitando polos dereitos da veciñanza. Convocaron unha nova manifestación para onte domingo, coa finalidade de facer ruído pola sanidade, e recibiron o apoio de preto de 300 persoas. Neste caso, fixeron un chamamento baixo o lema “Cantas pezas do puzzle queres perder?”. Querían facer referencia á carencia de profesionais sanitarios, ao tempo de máis dun mes de espera para poder facer unha analítica, a falla dun segundo pediatra con praza ou o feito de levar máis dun mes se máquina de raios.

O obxectivo é manter unha reunión co novo conselleiro de Sanidade e poder trasladar estas deficiencias. Nesta loita están en constante apoio coas plataformas de Verín, Xinzo e a Limia, que loitan tamén polo servizo de pediatría entre outras melloras.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO