Espazo Común critica a falla de orzamentos municipais durante dous anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación de Espazo Común critica a “parálise do grupo de goberno” alegando que o concello leva dous anos sen aprobar orzamentos. Fixérono a través do seguinte comunicado:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Xa vai prácticamente un ano dende que Fumega acadou manterse no goberno nunhas circunstancias cando menos estranas pois o castigo recibido polos votantes foi sustancial e a baixada de 9 a 6 concelleiros evidenciaba a maioría cidadá que apostou por un cambio.

Este cambio non foi posible por cuestións que o tempo vai aclarando e que nada teñen que ver coa defensa dos intereses do Carballiño.

As consecuencias desta perversión da vontade popular son cada día máis patentes no funcionamento de todo o que ten que ver con este Concello.

Desastre tras desastre, os sufridos carballiñeses teñen que ver como imos perdendo tódolos trens e como, día a día, nos imos semellando máis a unha aldea que á pequena cidade que deberíamos aspirar a ser.

Un dos exemplos máis clarificadores é a ausencia por segundo ano consecutivo de orzamentos municipais. Non hai mellor xeito de explicar o que acontece. O reflexo dun pobo sen proxecto de presente nin de futuro. Se non hai unha guía para definir as prioridades económicas, as inversións máis necesarias, as subvencións imprescindibles para apoiar ao tecido asociativo… non hai goberno.

A pesares de que o alcalde se comprometeu ata en cinco pleno diferentes a citar aos partidos da oposición para presentar unha proposta orzamentaria, a realidade deixa unha vez máis en evidencia o doado que lle resulta mentir no Salón de Plenos e xa rematando maio, polo menos Espazo Común, non foi requerido en ningún momento.

O Carballiño non merece o castigo que está a padecer polo que pedimos ao grupo de goberno que traballe un mínimo e poña enriba da mesa uns orzamentos que rematen con esta parálise absoluta”.