O grupo municipal socialista solicita que se amplíen as prazas do programa ‘Concilia verán 2024’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal socialista solicita que se amplíen as prazas do programa ‘concilia verán 2024’ ante a supresión do programa de conciliación na rede de centros cívicos da cidade de ourense

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“No 2021 houbo un incremento ata as 1.680 prazas, polo que non pode escudarse o rexedor en que é un servizo pouco demandado”, sinalou a edil Cristina Cruz Fernández

Nesta liña, propoñen que se amplíe tamén o número de centros educativos participantes no programa, que actualmente son 10, co fin de engadir un plus de proximidade ás e aos usuarios do mesmo e que a convocatoria saia á maior brevidade

Dende o grupo municipal socialista reclaman ao executivo local que amplíe as prazas destinadas ao programa ‘Concilia Verán 2024’ ante a supresión das actividades que para este fin se desenvolvían na rede de centros cívicos da cidade de Ourense. As e os edís do PSdeG lembran que “o goberno de Jácome foi reducindo nos últimos anos o número de prazas ofertadas ata chegar á metade” e que a situación se verá agravada agora pola “decisión de cargarse o programa complementario que axudaba a preto de 200 familias”.

Entenden as e os socialistas que non se debería deixar sen opcións a familias que, en moitos casos, non teñen recursos suficientes para facer fronte a unha necesidade básica e que en época estival, ao non haber horario lectivo, todo torna máis complicado. Nos últimos dous anos, con Gonzalo Pérez Jácome como alcalde, o número de nenos e nenas que poden optar ao programa Concilia Verán reduciuse das 1.000 prazas que había no ano 2020 ata as 800 de 2022 e 2023. “No 2021 houbo un incremento ata as 1.680 prazas, polo que non pode escudarse o rexedor en que é un servizo pouco demandado”, sinalou a edil Cristina Cruz Fernández.

“Trátase dunhas actividades fundamentais a nivel social posto que o obxectivo das mesmas é axudar no posible a conciliar a vida familiar e laboral dos ourensáns e ourensás con fillos en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos”, salientou.

Nesta liña, propoñen dende o grupo municipal que se amplíe tamén o número de centros educativos participantes no programa, que actualmente son 10, co fin de engadir un plus de proximidade ás e aos usuarios do mesmo e que a convocatoria saia á maior brevidade posible. “Atopámonos a menos dun mes do remate do curso e as familias necesitan organizar os meses de verán”, incidiu a concelleira.