O’Potiños convoca un concurso fotográfico para mozos dende os 14 anos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación fotográfica O’Potiños busca xerminar a semente da súa paixón entre a xente nova. Para iso, veñen de convocar un concurso de temática libre para os mozos do Carballiño e comarca maiores de 14 anos. Para darlle máis pulo, están en contacto cos centros educativos, que se amosaron moi receptivos a esta iniciativa.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O prazo de entrega de imaxes será o 10 de agosto. As bases poden consultarse a través da páxina web da asociación. Polo de agora, a acollida foi boa, e esperan que se animen a participar. De todas as que se envíen, farán una selección das 20 mellores que formarán parte da exposición do Arenteiro Fotográfico deste 2024.