Os senadores populares alertan da nula xestión e ineficiencia do Goberno de Sánchez co Ingreso Mínimo Vital nun momento de máxima necesidade

Das 5.066 solicitudes cursadas na provincia de Ourense a 31 de agosto, só foran aprobadas 1.026 (25 %) e rexeitadas 1.460 (28,8 %) aboándose tan só 74 (1,4 %)

“Estamos ante unha desidia e falta de xestión sen precedentes dun Goberno irresponsable e ineficaz, que xoga a facer márketing coas necesidades máis urxentes das familias que máis precisan axuda e que tiñan as súas esperanzas no tan anunciado e propagandístico Ingreso Mínimo Vital”, sinalan os senadores do PP de Ourense, Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández

AVANTAR ACTIVIDADES

 “Se desde un primeiro momento o Goberno de Sánchez e Iglesias deixasen nas mans das comunidades autónomas a tramitación desta axuda, como é o caso da Xunta coa RISGA, non teríamos chegado a unha situación tan deprimente, caótica e frustrante no peor momento posible”, sinalan os senadores populares.

O pasado 11 de setembro, os senadores do PP de Ourense Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández, presentaron unha serie de preguntas respecto ao Ingreso Mínimo Vital. Así, solicitaron que se lles indicase o número de persoas censadas en cada un dos 92 municipios da provincia de Ourense que solicitaron esta axuda e a cantas se lle concederon. Tamén solicitaron saber cantas persoas tenen dereito a percibir o IMV segundo os parámetros fixados polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones.

A resposta a estas preguntas, recibida en varios días diferentes e con cifras nalgúns casos desactualizadas, amosa un panorama desolador: das 5.022 solicitudes rexistradas na provincia de Ourense (non ofrecen desglose por municipios), só foron pagadas 74 a día 31 de agosto (segundo informaron en resposta escrita o 26 de outubro), supoñendo así un 1,4 % do total.

De todas as solicitudes, segundo a documentación aportada o 29 de outubro en resposta escrita, só foron aprobadas en Ourense un total de 1.026 solicitudes (25 %) e rexeitadas 1.460 (28,8 %).

“Estamos ante unha desidia e falta de xestión sen precedentes dun Goberno irresponsable e ineficaz, que xoga a facer márketing coas necesidades máis urxentes das familias que máis precisan axuda e que tiñan as súas esperanzas no tan anunciado e propagandístico Ingreso Mínimo Vital”, sinalan os senadores do PP de Ourense, Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández.

“Se desde un primeiro momento o Goberno de Sánchez e Iglesias deixasen nas mans das comunidades autónomas a tramitación desta axuda, como é o caso da Xunta coa RISGA, non teríamos chegado a unha situación tan deprimente, caótica e frustrante no peor momento posible”, sinalan os senadores populares.