O Psdeg-Psoe de Ourense pon en valor a “importancia” de aproveitar os fondos europeos para impulsar iniciativas de turismo sostible nos concellos da provincia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas destacan o “importante pulo” dado polo Goberno neste senso a través dos fondos Next Generation que deixaron 6,5 millóns de euros na provincia para investimentos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Lorena Guerra analizou coa alcaldesa de Vilardevós, Eva Pérez Gamote, proxectos relacionados co turismo sostible, coma a construción dun parque de auto caravanas, a inclusión dunha variante da Vía da Prata ou desenvolvemento de infraestruturas deportivas.

O PSdeG-PSOE de Ourense continúa co seu percorrido de campaña electoral pola provincia e hoxe fixo parada en Vilardevós, onde aproveitaron para por en valor a importancia de aproveitar os fondos europeos para apostar por iniciativas de turismo sostible. As e os socialistas destacan o “importante pulo” dado polo Goberno neste senso a través dos fondos Next Generation que deixaron 6,5 millóns de euros na provincia para investimentos.

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense, Lorena Guerra Vigo, visitou Vilardevós, onde foi recibida pola alcaldesa, Eva Pérez Gamote, pola deputada provincial, Marina Vaz, e por outros cargos orgánicos do partido a nivel local e provincial. Durante o encontro analizaron polo miúdo o proxecto do actual goberno socialista da localidade para a construción dun parque de auto caravanas sostible. Un proxecto para o que se solicitarán fondos europeos.

Guerra e Gamote fixeron fincapé na “necesidade de que os concellos aposten polo turismo sostible” e no caso concreto de Vilardevós expuxeron varios temas de vital importancia como o xa mencionado parque de auto caravanas, a inclusión dunha variante da Vía da Prata, ou o desenvolvemento de infraestruturas que permitan a práctica deportiva na natureza. “Todos estes proxectos poden contar con axudas europeas gracias a labor do PSOE en Europa”, salientaron as e os socialistas.

“O PSOE aposta pola provincia e polo turismo sostible con plans para a mellora de infraestruturas e a creación de novas instalacións nos concellos da provincia a través dos fondos Next Generation”, salientou a candidata socialista. Guerra Vigo tamén fixo fincapé en que estes fondos chegados dende Europa “van permitir desenvolver un novo modelo de turismo sostible, adaptado as necesidades e demandas dos viaxeiros, diversificando a oferta turística e dando un maior posicionamento á provincia”.

Reunión de traballo co grupo municipal socialista

A candidatura do PSdeG-PSOE de Ourense realizou durante a xornada electoral de hoxe un encontro de traballo con respresentantes do grupo municipal socialista para analizar con detalle posibles mocións que teñan repercusión europea, así como o posible financiamento a través dos fondos europeos de infraestruturas e políticas relacionadas co termalismo ou a labor social”.

Durante o encontro subliñaron a “importancia” de que a cidade aposte por acadar o “maior número posible de fondos europeos” e explicaron “a importancia de traballar dende o consistorio na redacción de proxectos que permitan mellorar a calidade de vida da cidadanía”.

Neste día de campaña electoral, o PSdeG-PSOE de Ourense aproveitou para realizar un reparto informativo polo mercado de Abastos, no que as e os socialistas conversaron coa veciñanza para explicarlles o seu proxecto dende Europa e analizar polo miúdo a necesidade de votar ao PSOE para seguir avanzando e non retroceder.