As e os socialistas visitaron a ponte de Queizás en Verín, un proxecto que é exemplo de como actuar para lograr unha correcta humanización e que permitiu retirar o tráfico pesado do casco urbano
Guerra destacou durante a visita a importancia de apostar “pola humanización e a reorganización do tráfico, na procura dunha mobilidade sostible e de reducir as emisións de CO 2 nos núcleos de poboación”
O PSdeG-PSOE de Ourense subliña a importancia que ten para a provincia as liñas de subvencións do Goberno a través dos fondos europeos para a posta en marcha de proxectos que melloren a mobilidade e as infraestruturas dos municipios ourensáns. As e os socialistas estiveron en Verín, onde puxeron en valor a labor do goberno municipal na reorganización e humanización da vila e a necesidade de optar a fondos europeos para conseguir a posta en marcha de infraestruturas neste senso.
A candidata ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, desprazouse hoxe ata Verín, onde estivo acompañada pola deputada provincial, Marina Vaz; e os concelleiros socialistas do municipio, Julio Viéitez e Manuel Lorenzo. Aproveitou para visitar a ponte de Queizás, un proxecto financiado con fondos do IDAE e que ten por obxectivo retirar o tráfico rodado e pesado do centro urbano de Verín, unindo esta zona co polígono industrial de Pazos.
Guerra destacou durante a visita a importancia de apostar “pola humanización e a reorganización do tráfico, na procura dunha mobilidade sostible e de reducir as emisións de CO 2 nos núcleos de poboación”. Neste senso destaca que as axudas estatais e con fondos europeos para diversificación e aforro enerxético “permiten aos concellos da provincia avogar pola sostibilidade e contribuír ao coidado do medio ambiente”.
Repartos informativos en Celanova, Taboadela e Barbadás
O PSdeG-PSOE de Ourense participou no día de hoxe en varios repartos informativos ao longo e ancho da provincia de Ourense. Concretamente as e os socialistas saíron a rúa en Celanova, Taboadela e Piñor (Barbadás) para trasladarlle o proxecto que os e as socialistas teñen para a provincia a raíz das eleccións europeas do 9 de xuño.
A candidata socialista por Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, participou en Celanova nun reparto pola feira, no que estivo acompañada por cargos do partido no municipio e na comarca. Aló aproveitou para percorrer a vila e conversar con veciños e veciñas que quixeron coñecer de primeira man o proxecto europeo do PSOE.