O sábado, 1 de xuño no Auditorio Manuel María, terá lugar a clausura da Escola Municipal de Teatro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado, 1 de xuño no Auditorio Manuel María, terá lugar a clausura da Escola
Municipal de Teatro, unha gala que contará coa representación de tres montaxes
teatrais, correspondentes a cada un dos grupos (infantil, iniciación e perfeccionamento).
O grupo infantil foi o encargado xunto coa profesora de escoller a obra na que se
mostrará a través do xogo en todo momento, un mundo no que os seres inanimados
poden cobrar vida.
O grupo de iniciación levará a cabo unha obra na que a través de improvisación e
creación de personaxes, pon en escena a resolución dun crime.
Finalmente, o grupo de perfeccionamento crea un personaxe a través do xogo escénico, preséntannos un mundo do absurdo, cunha viaxe polo subconsciente dun dos personaxes máis famosos, Alicia. O texto é de Paula Carballeira.
Esta gala terá como fin ofrecer unha mostra do traballo realizado por 25 alumnos/as na Escola Municipal de Teatro durante o curso 2023-2024, comprometida coa formación de novos talentos e co fomento da cultura municipal. Esta escola conta cun programa educativa dirixido a nenos/as a partir dos 6 anos, brindándolle a oportunidade de
aprender e gozar do teatro. A escola conta cun equipo de profesionais cualificados que imparten clases de interpretación.
A todo o alumnado faráselle entrega do diploma correspondente ao remate da función.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO