O Psdeg-Psoe de Ourense reivindica en Trives o emprego de fondos next generation para a rexeneración e mellora da praza de abastos e a posta en marcha da rede wifi

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

As e os socialistas comprobaron o funcionamento da rede WIFI posta en marcha a través de fondos Next Generation e visitaron as obras da Praza de Abastos tamén financiadas a través de fondos europeos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“Trives é un deses exemplos da provincia que se beneficia dos investimentos do Goberno a través de fondos Next Generation e tamén amosa a importancia que ten que os concellos presenten proxectos para optar a estes fondos europeos”, subliña Lorena Guerra

A Pobra de Trivés, 1 de xuño de 2024. O PSdeG-PSOE de Ourense fixo parada na Pobra de Trives neste sábado de campaña electoral. As e os socialistas aproveitaron o día para reivindicar os traballos que se están levando a cabo no municipio con fondos europeos e destinados a un proxecto de rexeneración e mellora da Praza de Abastos, así como o establecemento da rede WIFI.

A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense ao Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, visitou o municipio en compaña de cargos orgánicos do partido e da comarca, onde foron recibidos pola alcaldesa, Patricia Domínguez Barja e o seu equipo. As e os socialistas comprobaron o funcionamento da rede WIFI posta en marcha a través de fondos Next Generation e visitaron as obras da Praza de Abastos tamén financiadas a través de fondos europeos.

Guerra e Domínguez coincidiron ao afirmar a importancia que ten para o rural “a posta en marcha da rede WIFI, que facilita o teletraballo e a utilización das novas tecnoloxías por parte da veciñanza”. Ambas incidiron tamén que Trives “é exemplo das boas telecomunicacións e da adecuación do municipio aos tempos que corren cunha rede WIFI pública e totalmente gratuíta para uso e desfrute da veciñanza e dos turistas no casco vello do municipio e na rúa San Martín”.

Con respecto as obras da Praza de Abastos, cabe destacar que o proxecto de rexeneración e mellora vai tomando forma, tralo inicio das obras hai mes e medio. Lorena Guerra afirmou que “é fito significativo para a localidade, que recibiu unha importante subvención do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo por un total de case 369.000 euros para realizar investimentos na revitalización do comercio local”.

“Trives é un deses exemplos da provincia que se beneficia dos investimentos do Goberno a través de fondos next generation e tamén amosa a importancia que ten que os concellos presenten proxectos para optar a estes fondos europeos”, subliñou Lorena Guerra. A visita rematou cun reparto informativo polas rúas do municipio para conversar coa veciñanza sobre o proxecto socialista nestes comicios electorais.

PUBLICIDADE