A Deputación de Ourense adica o seu “8M, mes a mes” de xuño ás mulleres emprendedoras de xeito inclusivo no rural, con Lorena Quintas como exemplo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A deputada de Igualdade, Teresa Barge, explica que como cada día 8, “este mes faremos referencia ao emprendemento ás mulleres con discapacidade que desenvolven un traballo innovador en zonas rurais”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A campaña da Deputación “8M, mes a mes”, dalle o protagonismo a Lorena Quintas Rejo, emprendedora con discapacidade no rural que creou a súa propia empresa, Xogo de fíos, en Outeiro de Laxe (Allariz)

A área de Igualdade da Deputación continúa coa súa campaña “8M, mes a mes”, na que cada día 8 fan un recoñecemento especial en honra ás mulleres con profesións de gran relevancia ao longo da historia ou que romperon barreiras. Deste xeito, búscase promover durante todo o ano a importancia das mulleres e o seu traballo, facendo referencia expresa a ditas profesións con figuras da provincia.

Segundo explica a deputada de Igualdade, Teresa Barge, “neste 8 de xuño faremos referencia ao Emprendemento inclusivo de mulleres con discapacidade que desenvolven un traballo innovador en zonas rurais”.

A figura seleccionada para a súa representación foi Lorena Quintas Rejo, exemplo de emprendemento inclusivo no rural”. Logo de estudar Ciencias Empresariais, decidiu optar por crear a súa propia empresa, “Xogo de Fíos” que se basa, tal e como ela explica na “artesanía a través do tacto”. Sitúase en Outeiro de Laxe, unha aldea do rural ourensán, en Allariz.

Lorena Quintas defínese a si mesma: “Son unha muller loitadora, empoderada e optimista que convive coa discapacidade dende moi cativa. Para min non é unha barreira, senón que é un valor engadido. Son plenamente consciente de que sacar adiante un proxecto no rural é complexo, especialmente tratándose dun sector alleo ó primario. Pero o esforzo merece a pena e resulta gratificante. Fiada tras fiada voulle dando vida a cada obra ata convertela nunha peza artesanal realmente única”.