A asociación cultural Frei Canedo organiza o sábado 15 de xuño a i edición do entroido de verán do barrio da Ponte que contará con numerosas actividades para adultos e cativos e que se celebrará no campo da feira de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


Dende Frei Canedo explican que esta nova iniciativa está pensada para “impulsar un evento que agardamos teña continuidade no tempo e se converta nun novo referente no barrio da Ponte e na cidade de Ourense”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pasarrúas, sesión vermú, xantar popular, inchables e xogos para os máis pequenos, festa da escuma, xincana para adultos, baile de disfraces, concurso de disfraces e festa DJ serán algunha das numerosas actividades pensadas para o sábado 15 de xuño.

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte organiza o sábado 15 de xuño a I edición do Entroido de Verán de Ponte Canedo. Un evento no que se agarda unha afluencia masiva de persoas chegadas de tódolos puntos da cidade e que contará con numerosas actividades ao longo do día, tendo o seu epicentro no campo da feira, que se vestirá de gala para acoller o Entroido de Verán de Frei Canedo.

Dende Frei Canedo explican que esta nova iniciativa está pensada para “impulsar un evento que agardamos teña continuidade no tempo e se converta nun novo referente no barrio da Ponte e na cidade de Ourense”. Tras varios meses de intenso traballo coidando con detalle cada unha das actividades que se organizarán, a asociación cultural presenta o seu programa para o Entroido de Verán.

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte anima aos pontinos, pontinas, ourensáns e ourensás a sumarse ao Entroido de Verán e a acudir disfrazados ao mesmo para encher de cor e festa o campo da feira. “Agardamos que esta primeira edición sexa un éxito total e que o barrio da Ponte se converta nun dos referentes dos entroidos de verán a nivel provincial e autonómico”, afirman dende a directiva

Os actos do Entroido de verán comezarán ás 11 da mañá cun pasarrúas polo barrio da Ponte, onde os cofrades e as cofradesas percorrerán as rúas acompañados polo ilustre Frei Canedo e coa actuación musical de Cantares da Cuña, que se encargará de amenizar a mañá. A partir das 12 do mediodía o campo da feira de Ourense converterase no epicentro da festa co inicio da sesión vermú, que contará coa actuación musical do Dúo Millenial.

Posteriormente ás 14 horas dará comezo o xantar popular, cuxos tickets están xa a venda no local da cofradía, en Sers Barber, na Antiga Leitería e na cafetería Don Gaetano. O prezo é de 20 euros no caso do menú de adultos, que está composto por empanada, pementos, churrasco, criollo, postre e auga. Tamén haberá un menú infantil, a prezo de 15 euros e que inclúe croquetas caseiras variadas, pizza de xamón, churrasco ou milanesa de polo, tarta de chocolate e auga. Cabe sinalar que tamén estará habilitado un posto con pulpo e food trucks con máis comidas.

Outro dos pratos fortes do Entroido serán as actividades enfocadas aos máis cativos e cativas. No propio campo da feira instalaranse varios inchables e haberá ademais diferentes obradoiros, xogos e actividades con monitores profesionais, para que os cativos e cativas poidan desfrutar do evento dende as 12 do mediodía ata ás 19 da tarde. Ás 17:00 horas celebrarase a festa da escuma para desfrute das crianzas.

Xa pola tarde, será o turno da xincana para adultos ás 18:00 horas, na que haberá diferentes probas e o gañador será agasallado cun xamón e unha botella de viño. Posteriormente celebrarase un novo pasarrúas para recrutar xente polas rúas do barrio. Para as 20:00 horas está previsto un gran baile de disfraces e posteriormente ás 21:00 celebrarase o concurso de disfraces en modalidade individual e grupal (mínimo 3 persoas). Haberá un xurado que escollerá os gañadores, no caso do concurso individual o premio serán 50 euros e unha gorra oficial, namentres que no caso do grupal serán 100 euros e gorras oficiais de Frei Canedo para todos os participantes. Os interesados en participar no concurso poden inscribirse en freicanedodaponte@hotmail.com

A partir das 22:00 horas comezará a festa DJ a cargo de varios djs coñecidos da cidade e que prolongarán a música e a festa ata que o corpo aguante.

Ao longo de todo o día estará habilitada unha barra de bar xestionada pola cofradía e tamén food trucks para atender as demandas daqueles que desexen acudir ao Entroido de Verán e poder merendar ou cear no propio evento. Destacar tamén que a música non parará en todo o día.