O IES Chamoso Lamas inaugurou onte unha exposición fotográfica no Auditorio Manuel María do Carballiño, titulada “Manuel Chamoso Lamas na mirada”. Trátase dun traballo realizado por un grupo de 12 alumnos e alumnas de 3º de ESO dentro do Proxecto competencial de fotografía.
O obxectivo deste ano foi dar a coñecer e por en valor o traballo do antropólogo, investigador e escritor Manuel Chamoso Lamas, que durante moitos anos foi recorrendo diversos lugares de Galicia coa súa cámara para dar testemuño do noso patrimonio.
Os alumnos visitaron, coñeceron e interpretaron a través da súa propia mirada plasmada nas fotografías algúns deses espazos: Mesego, Cameixa, San Cibrán de Las, Moldes, Pontarriza, Melón, San Clodio, Leiro, Pazos de Arenteiro, Ribadavia.. O resultado é unha exposición de máis de 60 fotografías agrupadas en 10 paneis que constitúen un conxunto que nos achega todos estos lugares.
A exposición estará toda a fin de semana no Auditorio Manuel María, en horario de 20:00 a 22:00 horas.