O concello do Carballiño abriu as instalacións despois da desinfección

O CONCELLO DO CARBALLIÑO ABRE AS SÚAS INSTALACIÓNS DESPOIS DOS TRABALLOS DE DESINFECCIÓN MENTRES O SEGUNDO TRABALLADOR DO CONCELLO DO CARBALLIÑO QUE AMOSA SÍNTOMAS DE CORONAVIRUS ESTÁ A ESPERA DOS RESULTADOS DA PROBA DO CORONAVIRUS

Despois de que o mércores por a tarde o concello emitise un comunicado informando de que un traballador municipal dera positivo na proba do coronavirus o protocolo, para o resto da plantilla é de facer cuarentena na casa se teñen síntomas asociados ao coronavirus. Esa é a forma de proceder, segundo informa o concelleiro de Persoal e Seguridade, manuel Sotelo, que marca o Sergas. E por iso esta segunda persoa permanece illada no seu domicilio, agora á espera de que den os resultados do test do coronavirus

AVANTAR ACTIVIDADES

Lembramos que dende que se procedeu a total desinfección das instalacións do concello e de servizos sociais a pasada semana, os veciños que necesiten ir ao concello para realizar cualquier cuestión urxente terán que facelo con mascarilla e luvas. Este material está na entrada do concello para a súa utilización

VIDEO