En referencia ao anuncio dun pacto de goberno no Concello do Carballiño por parte
do actual alcalde socialista e o portavoz do Partido Popular, a Comisión Executiva
Nacional do PSdeG manifesta, a través da Secretaría de Organización e en
coordinación coa Executiva Provincial de Ourense e a Executiva Federal do PSOE,
que ese acordo non conta coa autorización do Partido Socialista.
Do mesmo xeito, informa de que, de materializarse o antedito pacto de goberno, o
PSdeG tomará todas as medidas previstas nos estatutos e demais normativa do
partido, con efecto sobre os concelleiros e concelleiras que desatenderan o
mandato dos órganos de dirección.