PSOE e PP do Carballiño chegan a un acordo de goberno cun programa común

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un ano despois da toma de posesión do novo goberno do Carballiño – en minoría para o PSOE – comezaron os cambios. Meses atrás era o Partido Popular quen reprobaba ao goberno pola inacción e a falla de movemento en canto a proxectos de importancia. Esta semana é Espazo Común quen terá un pleno extraordinario con esa finalidade, e coa de buscar un gran acordo para un cambio de goberno.

Mentres está convocada esta sesión, foron moitas as conversas que xurdiron entre os grupos. E tamén se alcanzou un acordo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Socialista anunciaba neste mediodía un acordo de goberno co Partido Popular co obxectivo de lograr unha estabilidade e cun programa común. “Son moitos os retos que se presentan no futuro para a vila e un goberno unido, con ilusión e moitas gañas de traballar é necesario para que o Carballiño siga na senda do progreso”. Así definían dende o goberno local este paso adiante, que collerá forma nos vindeiros días.