O PSOE de Punxín fai un balance de “ano perdido” do novo goberno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Punxín fai balance despois dun ano da toma de posesión do goberno bipartito conformado polo PP e CxG. As e os socialistas afirman que “estamos ante un ano perdido para Punxín e a veciñanza” e critican que neste primeiro ano de mandato “non só non melloramos, senón que imos a peor, da man dun goberno municipal que leva a mentira por bandeira”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende o grupo municipal socialista denuncian que Punxín “está sumido na máis absoluta parálise”, cun goberno que “abandonou a súa sorte á veciñanza” e que non procura novos investimentos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. Neste senso, tamén apuntan a que o municipio “precisa con urxencia de proxectos e investimentos, que este goberno é incapaz de conseguir debido a súa desidia e deixadez”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, subliña que este primeiro ano de goberno municipal “foi seguramente o peor ano da historia de Punxín”, xa que tal e como apunta “non só non se fixo nada, senón que levamos un ano non que non se aprobou nin un só proxecto, nin proposta dos partidos do goberno municipal”. A edil socialista critica que o bipartito “ten como bandeira a mentira e o único que amosa son ocorrencias na prensa, que acaban nun caixón e que nada teñen que ver coas necesidades reais de Punxín”.

“Punxín merece dun goberno municipal que mire polas súas xentes, cun proxecto de futuro, que teña ilusión e iniciativa, con capacidade de xestión e non un goberno que o único que fai é saír en prensa con ocorrencias, que logo nunca chegan ao pleno”, denuncia Peleteiro Vázquez. A voceira socialista tamén critica que nun ano de mandato o bigoberno municipal “fose incapaz de levar ao pleno unha soa proposta ou iniciativa para o municipio, así como de conseguir novos proxectos e investimentos para Punxín”.

O PSdeG-PSOE de Punxín pon o foco en que o actual goberno municipal “funciona a base de ocorrencias e mentiras” e critica que “actualmente non teñen proxecto para o municipio, nin traballan a prol da veciñanza e de solucionar os problemas que vive Punxín”.