O programa “Benestar en Balnearios” oferta máis prazas nesta edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Cenlle para visitar, da man da súa alcaldesa, Rebeca Sotelo,  o Hotel Balneario Laias Caldaria, un dos catro establecementos beneficiarios da 10ª edición do programa ‘Benestar en Balnearios’ que contan coa financiación da Xunta do 45% de estadías de 10 días en réxime de pensión completa dende xullo ata decembro de 2024 para persoas da nosa comunidade maiores de 60 anos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O programa tamén inclúe, na provincia de Ourense, os balnearios Arnoia Caldaria Hotel, no concello de A Arnoia; Lobios Caldaria, con aloxamento no Hotel Lusitano, no concello de Lobios e o Gran Balneario do Carballiño, con aloxamento na Residencia de Tempo Libre do Carballiño.

O delegado territorial lembrou que dende o pasado día 17 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o programa ‘Benestar en Balnearios’ ata o día 17 de xullo, que deberán facer os interesados preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. De maneira opcional, tamén poderanse presentar por rexistro.

Manuel Pardo destacou que a Xunta de Galicia concederá “máis prazas ca nunca e novas estadías nos meses de xullo, agosto e setembro para desfrutar dunha experiencia única de saúde, descanso e lecer”, e puxo en valor a colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade co turismo, co obxectivo de posicionar Galicia como destino termal ademais de destino turístico.

O delegado territorial sinalou a importancia dos recursos naturais e culturais da provincia de Ourense,  que camiñan a carón da sustentabilidade como criterio para alcanzar unha mellor calidade de vida, e a recuperación e preservación dos recursos naturais contribúen  de xeito importante ao desenvolvemento socioeconómico do territorio.

O representante do Goberno galego recordou que a Xunta procura dar resposta ás novas necesidades e preferencias das persoas maiores que desexan vivir unha xubilación chea de actividades. Neste sentido, sinalou que a Xunta conta con aulas sénior e con convenios coas tres universidades para aquelas persoas que queiran seguirse formando; e tamén se impulsou este ano o Carné +65, que permite ofrecer descontos, vantaxes e viaxes para desfrutar desta nova etapa.

Reunión coa  alcaldesa de Cenlle

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, aproveitou a súa estadía na contorna para manter un encontro coa alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, e coñecer de primeira man as necesidades do municipio.

Manuel Pardo trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello”.