No Carballiño temos unha fin de semana teatreira porque o sábado 29 e o domingo 30 representaranse as dúas últimas obras do Circuíto Galego de Teatro Amador, que co patrocinio da @Xunta de Galicia, coa organización da Fegatea e a axuda do Concello do Carballiño que, coma tódolos anos (e xa van once), argalla Tiruleque, Grupo de Teatro.

Será as oito da tarde no Auditorio Manuel María. Escoitade Teatro ven con VAMPIROS o sábado e a A. C. T. Catro Gatos con RÍO BRAVO o domingo.