O ourensán Iago Lorenzo Castiñeiras, propietario da empresa de coleccionismo Vicos Autos, puxo en marcha hai nove anos a Concentración de Clásicos do Ribeiro. Despois de varios anos sen celebrarse, volveron a saír á rúa para desfrutar do motor clásico, reunindo a más de 70 coches.
A súa última concentración celebrouse onte domingo, con saída dende a Praza Maior de Ribadavia. Despois de facer unha ruta polas paraxes da comarca, facendo fronte á tormenta que ameazaba a xornada, visitaron adegas e chegaron a Castrelo de Miño, onde puideron pasear pola súa feira e degustar unha gran comida.
No evento participaron os modelos máis especiais, como un Dodge da fábrica do ourensán Eduardo Barreiros e un Land Rover que comercializou Estanislao Reverter.