O parque municipal acollerá a 26ª Convivencia Special Olympics este domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño acolle este domingo día 7 de xullo  a 26ª edición da CONVIVENCIA FAMILIAR organizada por Special Olympics Galicia. O obxectivo de cada ano é o de fomentar a participación das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, directivos, profesionais e voluntarios, baixo un entorno de convivencia, confraternidade e intercambio de experiencias.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Daranse cita máis de 693 persoas, entre elas 244 familiares e 367 persoas con discapacidade de 18 entidades da comunidade.

Ademais dun encontro, pretenden facerse visibles e pedir melloras para as asociacións de toda Galicia. Tamén hoxe os mozos de Aspadisi, do Carballiño, ensinaron os agasallos que se entregarán no evento, feitos por eles mesmos.