Dez comparsas foron as protagonistas do Entroido de Verán do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un total de dez comparsas foron as protagonistas o pasado sábado no Carballiño, nun desfile de entroido de verán que fixo saír á xente á rúa. Os Parrandas do Irixo; os tradicionais Arrieiriños de Dacón; Amigos de Partovia; Os Nevadiños e “O imperio dos Amarense; tamén Lumareda; as Picapezas de Cea e a Dominicana. Non faltou a representación das carrozas orixinais de Parada de Amoeiro: ”Jacinta”, “Os Carrilas” e “Kiss”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Pasadas as 20:00 horas comezou o desfile, con saída desde a Praza da Veracruz, continuando polas principais rúas da vila, aínda que cun percorrido máis curto ca no desfile de inverno.

A organización do Concello do Carballiño contou coa colaboración e patrocinio de 37 locais de hostalería e do Centro Comercial Aberto. Xa para animar a noite, contaron con  agrupacións musicais como as bandas de música CLK e Castro Bello, ademais do grupo “Carballiño te sona”. Despois foi a quenda da Orquestra Greasse.