En Ribadavia: Participa no Xantar Medieval 2024!

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Coordinadora da Festa da Istoria, dentro do seu programa de actividades, organiza un ano máis o Xantar Medieval que terá lugar na emblemática Igrexa da Madalena, situada no corazón do casco histórico. Prepárate para gozar de produtos medievais nun entorno máxico e especialmente decorado para a ocasión.

Data e hora: Sábado, 31 de agosto, ás 14:30.

Prazas limitadas: Só 96 afortunadas persoas poderán asistir, así que non esperes máis e reserva a túa praza canto antes.

Prezo: 45 Marabedís (45 euros) por persoa.

Menú:

  • Empanada de Carne ó estilo Xelmírez
  • Empanada de Zamburiñas
  • Empanada de Xoubas ó estilo Xelmírez
  • Táboa de Selección de Queixos (do país)
  • Polbo do Mosteiro de Oseira á Feira
  • Cabrito ó xeito da Istoria

Sobremesas:

  • Froitas da Estío
  • Torta de Castaña do forno do Conde
  • Torta de Améndoa do forno do Conde
  • Melindres e Amendoados do forno das Nisas

Bebidas:

  • Viños Tinto e Branco Ribeiro
  • Auga da Fonte da Prata
  • Cervexa Galega
  • Café de Pota
  • Aguardente de Herbas
  • Licor Café

(Nota: O menú poderá sufrir algunha modificación segundo mercado.)

Ambiente Medieval:

  • Grupos de Música
  • Grupos de Animación
  • Exhibición de Cetrería

Imprescindible: Asistir vestido de época.

Desde a organización, recoméndanlle a todos os asistentes que, polo menos unha vez na vida, deberían asistir ao Xantar Medieval, xa que é unha experiencia inolvidable cun ambiente incomparable.

Reservas e máis información: yoly@festadaistoria.com

Non deixes pasar esta oportunidade única de viaxar no tempo e vivir unha experiencia medieval inesquecible.