O Psdeg-Psoe de Viana esíxelle ao goberno municipal que cumpra os acordos plenarios e proceda a creación dunha comisión para a organización das festas patronais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Tal e como apuntan as e os socialistas, a moción presentada polo PSOE o 16 de novembro foi aprobada, pero a pesar da conformidade do goberno do PP, que votou favorablemente, a proposta foi ignorada

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo xa denunciou no seu día o elevado custe que supón a organización das festas patronais, xa que o ano pasado o custe achegouse aos 90.000 euros para as arcas municipais e o importe recadado entre negocios e veciñanza foi de 2.000 euros

Germán García-Ávila insta ao goberno municipal a “adoptar as medidas e medios necesarios para que se pase a cobrar aos negocios as achegas para contribuír á celebración, así como solicitar á veciñanza a súa colaboración”

Viana do Bolo, 23 de xullo de 2024. O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo esíxelle ao goberno municipal que cumpra cos acordos plenarios en relación a moción socialista presentada no pleno do 16 de novembro e no que se instaba a creación dunha comisión para a organización das festas patronais deste ano. Tal e como apuntan as e os socialistas, a moción foi aprobada, pero a pesar da conformidade do goberno do Partido Popular, que votou favorablemente, a proposta foi “ignorada”.

Dende o grupo municipal socialista salientan que ignorar os acordos plenarios “é unha constante deste goberno municipal, que de forma sistemática ignora e non executa os actos administrativos que o propio alcalde aproba”. Dende o PSOE vianés fan fincapé en que as festas patronais deste mes de agosto van ser organizadas polo goberno municipal, asumindo os gastos da orquestras, os espectáculos, as datas e os lugares de celebración.

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo xa denunciou no seu día o elevado custe que supón a organización das festas patronais, xa que o ano pasado o custe achegouse aos 90.000 euros para as arcas municipais e o importe recadado entre negocios e veciñanza foi de 2.000 euros. Ante esta situación, as e os socialistas esixen que se cumpran os acordos plenarios e que se adopten as medidas necesarias para a creación da comisión das festas patronais.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Viana do Bolo, Germán García-Ávila Arias, insta ao goberno municipal a “adoptar as medidas e medios necesarios para que se pase a cobrar aos negocios as achegas para contribuír á celebración, así como solicitar á veciñanza a súa colaboración”. O edil socialista tamén pon de manifesto que “non pode ser que pola desidia do equipo de goberno, o concello teña que asumir un custe tan elevado para as arcas municipais”.

García-Ávila Arias insta ao concello a “colaborar e axudar na celebración das festas patronais das diferentes aldeas do municipio” e subliña neste senso que “estes veciños e veciñas tamén pagan impostos ao igual que os que residen na capital, polo que teñen os mesmos dereitos”. O voceiro socialista lamenta que o goberno municipal “non adopte un acordo vital para as arcas municipais e que permitiría aumentar a recadación e deste xeito colaborar con outras festas patronais nos diferentes núcleos de Viana”.

Os e as socialistas critican que o alcalde “chamou fai un mes unicamente aos hostaleiros para a xestión da barra que se vai instalar onde as orquestras, pero en ningún momento se falou co resto de empresarios para a creación da comisión organizadora das festas”.

Por último, o PSOE vianés tamén lle esixe ao rexedor que aclare se as orquestras contratadas actuarán no patio do colexio do CEIP Bibei. De ser así, as e os socialistas xa manifestan “o máis absoluto rexeitamento”, xa que tal e como apuntan “non podemos permitir que as festas patronais se convertan nunhas festas de barrio máis, deixando as rúas e as prazas baleiras de actuacións musicais e xente”.

Rogos e preguntas do PSOE de Viana

Aproveitando a sesión plenaria da pasada semana, o PSdeG-PSOE de Viana do Bolo tamén preguntou por diferentes temas de interese para o municipio. Neste caso as e os socialistas preguntáronlle ao rexedor se existe un inventario de material, maquinaria e outros materiais do concello e que de non ser así “se proceda a súa realización”.

Os e as socialistas tamén presentaron varios rogos, neste caso un relacionado co pleno extraordinario sobre a mina de Penouta, no que o PSOE roga que se sometan a votación as medidas propostas polos socialistas en dito pleno e que o alcalde non someteu a votación. Tamén presentaron un rogo para que se proceda a limpeza dunha zona que se atopa en condicións lamentables a carón do campo da feira.

Do mesmo modo, tamén instaron ao goberno municipal a levar a cabo unha actuación nun camiño municipal de terra a carón da rúa Galega, para que deste xeito se aproveite o camiño como entrada a dita rúa. Por último, tamén solicitaron que se proceda ao desbroce e sinalización das numerosas rutas do concello. Por último, o PSOE solicitou que alegara en contra da redución do fondo de edificación que actualmente está en 16 metros e no novo plan de urbanismo que se esta a elaborar por parte da Xunta reducirase a 12 metros. Consideran que con esta redución a veciñanza verase prexudicada.