O Festival de Habaneras encheu o auditorio de sons e afeccionados na 30ª edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O ‘Festival de Habaneras’ acadou este sábado a súa 30ª edición da man do Orfeón do Carballiño. Este evento inundou o Auditorio Manuel María, cheo como cada ano, de sons doutros países do outro lado do Atlántico, entre todos predominan as habaneras.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Preto dun centenar de voces foron os protagonistas. Comezou a Coral Polifónica de Arbo, que conta con 30 membros; continuando un dos grupos clásicos deste festival, que é a Rondalla Alfaia de Cenlle, con 18 membros; tamén tivo lugar a actuación da Coral Ars Cantorum de Guillade (Ponteareas), con 24, e pechou o acto o grupo anfitrión, o Orfeón do Carballiño, con 25 coralistas, baixo a dirección de Christian Casas.

Para a coral organizadora, este evento é importante e tamén para O Carballiño, sinalando que naceu ao mesmo tempo que o Orfeón, que cumpriu 31 anos, só se interrompeu no ano da pandemia. Cada ano se homenaxea a unha persoa relacionada co colectivo, e nesta ocasión foi para Serafín López, quen subiu para pechar o acto.