A parroquia de Barral, no concello de Castrelo de Miño, celebrará este domingo e luns a súa festa na honra da Virxe das Neves. Os asistentes a estas xornadas festivas poderán participar en actos relixiosos, gozar das distintas actuacións musicais e deleitarse cunha nova edición da Festa da Anguía, na que poderán degustar este exquisito peixe.
O domingo 4 de agosto comezan os actos con pasarrúas a cargo dos gaiteiros Airiños de Caldelas. Ás 20:00 horas coa inauguración da XXIX Festa da Anguía co acompañamento da banda de música Sorcha. Pola noite a orquestra Saudade e a discoteca móbil MVP animarán o festival.
O luns día 5 haberá un desfile dirixido pola Banda Musical da Limia. Ás 12.00 horas celebrarase a misa solemne con procesión e a continuación terá lugar o concerto da citada banda de música.
Pola noite a gran festa correrá a cargo da orquestra La Formula e da discoteca móbil Euphonia.

