A corporación do Carballiño reúnese mañá en sesión plenaria. Esta será a orde do día

A corporación do concello do Carballiño reunirase mañá xoves en sesión plenaria, que dará comezo ás 09:30 horas e poderán seguir en directo a través da nosa canle. Entre os puntos da orde do día atópase a aprobación da conta xeral do 2022.

En canto ás mocións da oposición, o BNG pide melloras para a biblioteca municipal, coa apertura da aula de estudo 24 horas, unha demanda reiterada nos últimos anos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Por parte de Espazo Común levarán dúas mocións relativas ao transporte. Por unha banda piden a construción para unha “verdadeira intermodal”. Por outra banda, piden o apoio unánime para a creación dunha autovía entre O Carballiño e Pontevedra, mesmo tema ca o punto levado polo goberno sobre o apoio ao Pacto de Pedre.

Por último, o Partido Popular leva tamén dúas mocións. Por unha banda, a creación dun grupo de traballo para facer seguimento ás instalacións deportivas e o seu problema e, por outra, a xestión dos montes veciñais en man común.