En Cenlle: Bases polas que se convocan axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Publicado no BOP:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

EXTRACTO DAS BASES REGULADORAS DO 4 DE XULLO DE 2024, POLAS QUE SE CONVOCAN AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR 2024/2025
Extracto das bases reguladoras do 4 de xullo de 2024, polas que se convocan as axudas para a adquisición de material escolar 2024/2025
BDNS (identif.): 775181
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/775181)
Primeiro. Beneficiarios/as
As familias dos/as alumnos/as que estean matriculados/as no curso 2024/2025 no nivel de:

  • Educación infantil (2.º ciclo) no CEIP de Cenlle
  • Educación primaria no CEIP de Cenlle
    Segundo. Obxecto da convocatoria
    Esta convocatoria ten por finalidade a concesión de subvencións a familias do Concello de Cenlle cuxos fillos e fillas acudan ao centro docente público de educación infantil (segunda etapa) e educación primaria para o curso 2024/2025 para axudar a facer fronte aos gastos orixinados pola escolaridade e como incentivo á fixación de poboación nos pequenos municipios.
    Terceiro. Bases reguladoras
    As bases reguladoras foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local do 04/07/2024.
    Cuarto. Contía
    O importe que se percibirá será:
  • Educación infantil. 150 €
  • Educación primaria. 50 €
    Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
    O prazo de presentación será de 30 días naturais, que contarán desde o día seguinte ao da súa
    publicación no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
    Sexto. Outros datos
    Noméase como órgano instrutor a alcaldesa do Concello de Cenlle.
    Cenlle, 16 de xullo de 2024. A alcaldesa.
    Asdo.: Rebeca Sotelo Fernández.