A organización do Festival Arteficial presenta o seu cartaz completo cun total de dez bandas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Festival Arteficial completa a súa proposta de concertos e actividades para a súa última edición, que se celebrará os días 6 e 7 de setembro (venres e sábado) no Museo Etnolóxico de Ribadavia, a contorna e o interior da Praza da Madalena e o Adro da Igrexa da Oliveira, todas ubicacións que se atopan dentro do casco histórico de Ribadavia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A asociación Arteficial, con sede no corazón do Ribeiro, Ribadavia, aposta ano a ano por unha programación musical alternativa para a súa gran actividade, o Festival Arteficial. Ao longo de 18 edicións, confía na arte en diferentes formatos, como unha maneira de habitar e revalorizar o territorio rural desde unha perspectiva contemporánea pero sen perder de vista as tradicións. Pasaron polo festival agrupacións de Galicia e Portugal como Fillas De Casandra, Def Con Dos, First Breath After Coma, Whales, Noiserv, Laura Lamontagne e Pico Amperio, Surma, Malandrómeda e outras do panorama nacional e internacional como Los Coronas, Deva, Havalina, Austin Tv (México) ou Blaak Heat (EE.UU).

Entre as acción a destacar, Arteficial conta cunha entrada gratuita e accesible para tódolos públicos. Seguindo o noso pensamento de creación de comunidade e fortalecemento da mesma, hai xa unhas cantas edicións iniciamos unha colaboración coa Cruz Vermella do Ribeiro, que consiste na recollida de alimentos como entrada simbólica e voluntaria ao recinto do festival: Alimentos non perecedeiros ou bens de hixiene para crianzas. Por suposto, o festival conta tamén con actividades para a infancia, intervencións artisticas e cunha zona gastro de Km0.

Ademáis os escearios dos concertos, están situados en espazos seleccionados cuidadosamente no corazón do conxunto histórico de Ribadavia. En horario diurno, o da antiga Igrexa da Madalena (reconvertida nun espacio sociocultural) ou esceario principal da Praza da Madalena e os djs sitos no Mirador da praza de Buxán. En horario nocturno, o ubicado no fantástico adro da Igrexa da Santa María da Oliveira para o peche do festival.

O proxecto Arteficial e todas as suas actividades, enmárcase nas accións de difusión do Carné Xove grazas ao apoio de Abanca e da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O Festival conta tamén co apoio do Concello de Ribadavia como apoio principal, a Deputación Provincial de Ourense e Son Estrella Galicia.

Este ano, ademáis, Arteficial establece unha colaboración co Festival Sin Sal Son Estrella Galicia a través do apoio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que achegará o venres día 6 de Setembro varias actividades a contorna do dito Museo, entre as que destacan a presentación dunha exposición do proxecto educativo A Escola Sinsal centrando na recuperación da memoria sonora do século XX.

VENRES 6 DE SETEMBRO
  • 19:00 – 20:00. Inauguración Exposición “Escola SinSal: historias da música gravada” no Museo Etnolóxico de Ribadavia.
  • 20:00 – 21:30 Picada de discos con casetes na contorna do Museo Etnolóxico de Ribadavia.

Por outro lado, e importante destacar que, Arteficial é un dos 26 proxectos seleccionados para participar do “X encontro cultura y ciudadanía” (o único festival do estado español). A “Subdirección General de Cooperación Cultural” coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Cultura, abriu unha chamada pública co fin de seleccionar proxectos culturais relacionados cos temas a tratar nesta 10a edición, que celebrarase do 24 ao 26 de setembro de 2024 en Santiago de Compostela, con sede no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo) e o Museo do Pobo Galego.

Nesta edición plantexase desenvolver un balance, actualización e proxección a futuro dos dez anos do programa “Cultura y Ciudanía”, recollendo, testando a evolución e problematizando aqueles temas, tendencias, debates, proxectos, experiencias e aprendizaxes máis relevantes do recorrido trazado durante estos anos, e apuntando outros para os anos presentes e vindeiros.

É increíble pensar que, con 18 anos de percorrido, cumprimos a maioría de idade acadando este recoñecemento a nivel estatal, que se suma ao doutras entidades como a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural (Agpxc Xestores Culturais) ou do Pacto Cultura Sustentable, entre outras.

As BANDAS confirmadas na edición deste ano, o Festival Arteficial que celebraremos os días 6 e 7 de Setembro de 2024, son:

  • MBYE EBRIMA (Gambía): Compositor, cantante e narrador de historias de Gambia afincado en Portugal que chega a Ribadavia para compartir con todxs nós a súa música fusión de blues, tradicional Mandinka e máis

Mbye, de familia jéli e tocadores de kora, comezou o seu periplo europeo coa Mother Africa Circus Company, recorrendo África, Suiza e Austria, para posteriomente percorrer diferentes palcos e festivais só e con outros artistas. Actualmente está traballando en dous álbumes, un en solitario e outro coa súa banda.

https://www.instagram.com/mbyeebrima/

  • ABRIL (Vigo): Este grupo, composto por Claudia Abril e Maria Carpente, traballa arredor da música tradicional galega e ibérica, creando un universo propio e orixinal onde se xuntan o violín, as percusións tradicionais, voz e guitarra; no que destaca a personalidade, o seu frescor e sons actuais.

https://www.instagram.com/abril.wav/

  • CHARNEGO (Madrid): é un grupo madrileño formado por Pablo Garnelo (Biznaga, Ardora), Marco Lipparelli (Being Berber, Gut Derby), Álvaro Marcos e David Moralejo

(Atención Tsunami), todos artistas con proxectos anteriores que se atopan, e, sen poder evitalo, acaban formando tremenda alianza

Regreso al Futuro é seu último proxecto, un carnaval grotesco, cheo de monstros, confeti e maxestuosidade . O seu próximo traballo sairá en 2025, así que coñeceremos parte do seu novo traballo durante Arteficial.

https://www.instagram.com/los_charnego/

-MUD (Ribadavia/Ourense): Seguimos sumando artistas para o cartaz da XVIII edición do noso esperado Arteficial, desta vez cun tremendo grupo que, seguindo co noso compromiso de apoiar ás bandas locais, nos queda moi pretiño.

MUD é unha banda ourensana (o seu cantante é de Ribadavia), xurdida a comezos do 2020. Unha proposta innovadora de power trío con baixo, percusións e voz.

O seu estilo vai desde o metal máis pesado, pasando por liñas funk, até as músicas do mundo, especialmente as do medio oriente.

https://www.instagram.com/mud.gz/

-ROMPECINTURAS SELEKTOR + KARAOKE CON ESTEBAN (Santiago de Compostela):

Esteban, un dos componentes da que foi a banda que revolucionou o panorama musical galego por aquelas épocas, Esteban&Manuel, amenizará o esceario nocturno da Oliveira, primeiro cunha sesión Karaoke na que el mesmo interactúa co público asistente. Ofrecémosche tódolos medios para crear o mellor espectáculo e que poidas sacar a relucir todo ese potencial que levas dentro co KARAOKE CON ESTEBAN, o lugar para o canto e dar o cante. Queres ser a estrela e cantar só? É o teu lugar. Dáche vergoña e queres cantar en grupo? Faino. Que non sabes cantar? Cantaruxas. Que non sabes cantaruxar? Bailas. Que non sabes bailar? Non te preocupes. Goza. Iso está asegurado. Presentouse con anterioridade en festivais como o FIV, o Curtocircuíto ou o Mercado da Estrela cun éxito rotundo. Da mesma maneira funcionou nos ”Premios Mestre Mateo 2024″ ou nas festas do barrio de Conxo, en Compostela, demostrando o ecléctico do formato.

Ademáis, cando finalice o Karaoke, Esteban presentará outro dos seus formatos e pora a bailar a todo o mundo coa súa sesión Dj como “Rompecinturas Selektor”.

https://www.instagram.com/karaoke.conesteban/ https://www.instagram.com/rompecinturas_selektor/

-PAULA RR: Si de verdade existe unha conexión entre o post punk e o reggaeton, é probable que a atopes nalgunha das sesións de Paula RR.

https://www.instagram.com/paulargzrivera/

-ISAAC PEDROUZO: Retirado do activismo habitual nas cabinas deixase ver soamente os días importantes. Ou cando non está escribindo algún libro.

https://www.instagram.com/isaacpedrouzo/

https://arteficial.org/media (foto e vídeos edicións anteriores) https://arteficial.org/ ola@arteficial.org

  • AUTO SACRAMENTAL Proxecto do músico madrileño Jorge Mills. Con influencias que van do synth-pop ao postpunk e letras cargadas de ironía e sátira política.

En 2019 debutou cun EP dixital producido por Guille Mostaza (El Último Vecino, Soledad Vélez) na que exploraba a mística da España negra a ritmo baile e que incluía o traballazo de synth-punk “Sierra Norte”. En 2021 estreou un primeiro álbum -Cuestión de fe- do que sairon varios singles e un videoclip dirixido polo cineasta compostelán Javi Camino e protagonizado pola artista galega Elba Souto.

Este grupo colaborou tamén con Adrián Bremer de VVV [Trippin’ You] no seu último single (Nuevo Amanecer).

Actualmente, Jorge Mils esta presentando un DJ set híbrido que incorpora sampler e caixa de ritmos: movéndose entre a electrónica e o industrial -sen deixar de lado o postpunk, o synth e demais estilos afines- para levar a escuridade á pista de baile.

https://www.instagram.com/autosacramental/

  • TOLDOS VERDES. Nados e residentes do barrio de Embajadores de Madrid, Toldos verdes son catro amigos que se coñeceron nun festival leonés e decidiron formar unha banda. Cunha estética costumbrista única, na que defender a cultura de barrio, aparece na nova ola madrileña esta interesante proposta musical cercana ao rock pero con aires de chulería. A súa actitude punk con sons de garaxe e ritmos frenéticos contrasta coas melodías bailongas e pegadizas que fan dos seus directos unhas auténticas festas. Dous anos máis tardes do seu nacemento, publican o seu primeiro disco homónimo que lles levaría a numerosas salas e festivais do país.

https://www.instagram.com/toldosverdes/

  • AIRIÑOS D’ARNOIA. Como xa se ven dando nas últimas edicións, este evento soe abrir a súa programación cun pasarrúas que achega a todos os habitantes da vila de Ribadavia e asistentes do festival caraa zona do barrio xudeo onde se celebra. Este pasarrúas soe estar conformado por un grupo de música tradicional e os recoñecidos cabezudos de Don Pedro e Doña Aña de Ribadavia. Este grupo tradicional, que xa participou en pasadas edicións do festival, é Airiños d’Arnoia, agrupación do Ribeiro composta por músicos de diferentes idades que tocan a gaita, a pandeireta e outros instrumentos de percusión.

Ademais dos concertos, as xornadas do 6 e o 7 de setembro contarán con outras actividades, como O Mercado das Sementes, onde artistas e comerciantes galegos poderán amosar e vender as súas creacións, como poden ser roupa, ilsutracións, obxectos para o día a día, etc

Tamén contaremos cunha zona gastronómica de Km.0 onde poder degustar pratos deliciosos coidando o medio ambiente, xa que procuramos que os integrantes desta zona sexan do máis preto posible para reducir emisións así como incentivar o comercio da nosa comarca.

Tamén hai organizada actividades para crianzas para que todos e todas as asistentes ao festival podan desfrutar deste máxico evento. Nesta edición,organizáronse dúas actividades: unha co nome “vaciabolsillos” a cargo dos creativos de ganchillo e crochet @madejastejerlo , e outra actividade que xirará en torno ao baile tradicional, cun obradoiro titulado “O baile: do tradicional cara todas as idades”, a cargo de Ismael Rodríguez.