O PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a xestión do servizo da auga no Concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • PSdeG-PSOE de Leiro denuncia a opacidade e a nefasta xestión do servizo da auga por parte do Rexidor.
  • Ante os cortes de subministración de auga durante as noites, sen aviso previo á veciñanza, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE rexistrou un escrito no Concello de Leiro esixindo explicacións ao alcalde e á empresa concesionaria Espina & Delfín. Non se pode tolerar que os fogares sufran restricións sen información e sen medidas preventivas cun mínimo de transparencia.
  • Segundo datos oficiais do propio Concello, obtidos grazas á presión exercida polo PSdeG-PSOE e á intervención da Valedora do Pobo, entre os anos 2015 e 2023 abastecéronse á rede municipal 1.979.045 m³ de auga, dos cales só

712.409 m³ foron facturados como consumo da veciñanza. Isto supón que 1.266.636 m³ de auga quedaron sen xustificación, é dicir, máis do 64% da auga suministrada durante ese período.

  • Esta realidade desmonta completamente o argumento utilizado polo alcalde ano tras ano para xustificar os cortes de auga no verán, culpando á veciñanza dun suposto exceso de consumo. Os datos oficiais amosan que en ningún ano dende 2011 se produciu un aumento do dobre de consumo nos meses estivais, tal e como vén afirmando reiteradamente o alcalde.
  • Estamos ante un modelo de xestión baseado na ocultación de información e na falta de control sobre a empresa concesionaria. O Partido Socialista de Leiro vese obrigado a recorrer de forma reiterada á Valedora do Pobo para ter acceso á documentación municipal, ante a negativa constante do alcalde a facilitar información clave para exercer o labor de fiscalización.
  • Cómpre lembrar que a empresa concesionaria Espina & Delfín cobra dende o ano 2015 600 € anuais máis o I.P.C. pola localización de fugas mediante equipos de correlación acústica, sen que exista publicación de informes

técnicos nin avaliación do resultado desa partida orzamentaria que se repite ano tras ano.

Por todo isto, desde o PSdeG-PSOE de Leiro esiximos:

Información clara, puntual e veraz sobre os cortes de subministración.

Acceso público á documentación sobre o estado da rede municipal.

Publicación dos informes de control de fugas do contrato con Espina & Delfín.

Compromiso político coa transparencia e co dereito da veciñanza a coñecer a verdade.

A auga non é unha excusa para ocultar a incompetencia: é un dereito básico que o alcalde debe garantir.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------