As tradicionais figuras de cómic a tamaño real de Viñetas desde o Atlántico poden verse xa por toda A Coruña

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cidade herculina mostra desde esta mañá os emblemáticos personaxes do festival en lugares como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso 

Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López, Tintín, entre moitos outros 

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como novidade nesta 27ª edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña, este martes, 13 de agosto, ás 13.00h, na Rúa da BD, terá lugar a inauguración dunha nova figura aínda non instalada: Gaspariño de Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón

Deste xeito, por primeira vez, un personaxe de cómic dun autor galego súmase á colección de figuras que visten a cidade da Coruña durante a celebración do Viñetas; unha colección que neste 2024 recupera, tamén, a figura de Groucho, de Ventura & Nieto, tras o pasamento de Enrique Ventura, un dos grandes clásicos da revista El Jueves

A inauguración da 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico terá lugar este luns, 12 de agosto, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso: no acto estarán presentes a alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------