Granxas afectadas pola EHE mobilízanse en Ourense demandando medidas urxentes á Consellaría e ao Ministerio

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esiximos a cobertura do 100% dos gastos veterinarios e do lucro cesante, tanto por animais mortos como polos enfermos
• Advertimos da necesidade de reforzar o persoal veterinario da
Xunta de Galicia e solicitamos a creación dun gabinete de crise
Ourense, 14 de Agosto 2024. Na mañá de hoxe o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLGCCLL)
levou adiante unha concentración reivindicativa fronte á sede da Consellaría do Medio
Rural en Ourense para demandar á Xunta de Galicia que, ademais de cubrir a morte dos animais, lexisle con carácter inmediato para cubrir o 100% os gastos veterinarios derivados da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE), así como o lucro cesante provocado tanto pola perda produtiva dos animais que falecen como polos que finalmente sobreviven.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO


A doenza do EHE está a ser dramática e imparable, algunhas explotacións teñen máis do 80% da
cabaña gandeira afectada. O persoal veterinario de clínica que se adica a animais de gando maior é moi pouco, e estase a ver moi desbordado.
Canda estas dificultades, nesta época ademais estase en plena campaña de recollida de forraxe e as granxas non dan abasto entre atender aos animais enfermos e á recollida de herba seca.
Como moitas das explotacións afectadas están en extensivo, ao recoller aos animais para as mangas de manexo para os tratamento de repelentes an􀆟mosquitos de forma periódica os animais estrésanse e existe unha dificultade engadida para a súa recollida.
Agora mesmo na provincia de Ourense obsérvase que a doenza avanza de forma moi rápida e descontrolada e a incertidume e a preocupación das granxas é moi grande. A nivel de toda Galiza, dende o SLG estimamos que a día de hoxe o conxunto das perdas poden chegar a superar 20 millóns de euros para todas as granxas que se van ver afectadas.
As persoas gandeiras reunidas hoxe en Ourense, e outras moitas non puideron asis􀆟r precisamente por estar atendendo e coidando o seu gando enfermo, esiximos de xeito inmediato as administracións públicas implicadas, é dicir, ao Ministerio de Agricultura e á Consellería de Medio Rural:

  1. A convocatoria de xeito inmediato das axudas prome􀆟das e que se doten de orzamento
    abondo para cubrir as perdas que esta enfermidade vai supor ás nosas granxas. O
    presuposto que se rumorea neste momento anda nos 15 millóns para todo o Estado
    español. Este presuposto é totalmente insuficiente, so os cálculos feitos polo SLG es􀆟ma as
    perdas aquí, na Galiza, de preto de 20 millóns.
  2. En todo caso esiximos que estas axudas cubran o 100% dos gastos veterinarios e calquera
    gasto directo e indirecto xerado por mor do coidado prestado ao noso gando enfermo.
  3. Reforzo dos servizos veterinarios da Xunta de Galicia para dar resolto e visitado do xeito
    máis áxil posible as granxas afectadas e tramitar de xeito eficiente e rápido as axudas que
    se doten para este fin.
  4. Inclusión en todo caso nas par􀆟das a pagar o lucro cesante tanto o dos animais que
    morran como de aqueles os que lles poidan quedar secuelas derivadas da enfermidade,
    ou danos provocados de xeito indirecto por a mesma como pode ser pagar o lucro cesante
    por mor de xatos falecidos por mor da enfermidade da nai.
  5. Creación por parte da Xunta de Galicia dun gabinete de crise ante a EHE e que se dote de
    persoal suficiente as comarcas co fin de axudar as gandeiras afectadas que o precisen a
    manexos derivados da enfermidade (aparte rabaños, movementos…).
  6. Garantías de que a vacinación que se recomenda dende a Consellería de Medio Rural é
    efectiva e non trae efectos secundarios. Así mesmo, unha vez garantido isto dende a
    administración, que se facilite dende a Administración a súa subministración gratuíta con
    servizos propios a quen a queira pór.
    A situación é gravísima. A diario vemos como nos enferma máis e máis gando, e nin sequera en moitos casos é viable acceder a medicamentos, ao persoal veterinario que faga probas ou aos tratamentos, ou que a administración sexa áxil e conte co suficiente persoal nas oficinas comarcais para dar resposta a esta emerxencia que estamos a vivir e cada día que pasa en máis comarcas do país.
    As labregas e labregos de este país e en especial da provincia de Ourense estamos volver a dar
    unha lección de coraxe e solidariedade a quen sempre nega as evidencias, nin recoñece o noso
    traballo.
    So quen nunca viviu, coidou, se aledou ou se entristeceu co gando non pode entender a situación de estrés, pesimismo, angus􀆟a e impotencia que vivimos centos de gandeiras estes últimos días por mor da Enfermidade Hemorraxia Epizoó􀆟ca que está a por en xaque o noso futuro e as nosas granxas.