Casting para unha rodaxe sobre as pulpeiras dos anos 50 no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende a produtora Matruska Producións estamos organizando un casting para unha rodaxe sobre as pulpeiras dos anos 50 no Carballiño. Agradeceriamos enormemente a vosa colaboración na difusión da nova. Engadimos un extracto da convocatoria e o cartel do anuncio:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En outubro, O Carballiño vaise converter nun set de rodaxe para a gravación de “As maos da pulpeira” de Silvia Cachafeiro, producida por Matriuska Producciones -responsable de filmes coma Matria (2023)- e estamos a buscar actrices e actores para protagonizala. “As maos da pulpeira” ten un valor histórico único por ser o primeiro rexistro audiovisual rigoroso das pulpeiras a mediados do século XX, permitindo que a tradición perdure no tempo e dando vida e recoñecemento á importante labor de tantas mulleres da nosa terra e o noso pasado. Na busca dese rigor e naturalidade, procuramos perfís cotiás e auténticos, non necesariamente intérpretes profesionais.
Para participar no casting só tes que cubrir o formulario (https://forms.gle/DskEavNnJ5t8QKcKA). Se tes calquera dúbida ou consulta, contacta co 681601412, preferiblemente vía WhatsApp.