O Carballiño mantén catro casos activos. Cea e O Irixo un caso e Beariz dous contaxios

IES CHAMOSO LAMAS

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 8 contaxios ( -1 ). O Concello do Carballiño mantén os 4 casos con respecto a onte. Dende hai un mes non tiñamos datos tan baixos por covid.

San Cristovo de Cea, que tiña dous casos, baixa un para contar hoxe cun so contaxio. Beariz conta con dous contaxios, a mesma situación ca onte. O Irixo mantén un so contaxio.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Os demais concellos, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro, con moi poucos contaxiados, a situación mantense igual ca onte. Cenlle, conta cun so positivo. Arnoia e Cortegada manteñen un caso cada unha. Ribadavia, está libre de covid, xunto con outros seis concellos do Ribeiro.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo.