O Carballiño impulsa un plan de emprego para persoas mozas mediante o cal se pretende reparar a senda peatonal do río Arenteiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un plan de emprego para persoas mozas reparará a senda peatonal do río Arenteiro no Carballiño, con traballos de renovación e mantemento nas zonas afectadas pola climatoloxía. Hoxe estivemos co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, quen nos contou un pouco máis sobre esta iniciativa. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os Concellos de Carballiño, Maside e Boborás lideran de maneira conxunta a solicitude do programa de emprego para xoves, unha iniciativa coa cal se busca acondicionar a senda peatonal do río Arenteiro. Os traballos se centrarán fundamentalmente na reposición dos elementos deteriorados en diferentes zonas da senda, que empezan a mostrar problemas estruturais e de mantemento.  

Ademais do acondicionamento da senda peonil do río Arenteiro, o proxecto permitirá realizar outras actuacións, como o melloramento das zonas verdes con actuacións de axardinamento. Trátase do primeiro plan laboral dirixido en exclusiva para os xoves concedido ao Concello. O seu obxectivo é facilitar a inserción profesional das persoas mozas no mercado laboral, en traballos de carpintería e xardinería.

A solicitude de participación nestos programas duais de emprego pode realizarse de xeito telemático a través da Oficina Virtual de Emprego de Galicia. Esta iniciativa concreta ten como prazo máximo de inscrición o día