- A agrupación formada polos concellos da Cañiza, Melón, Mondariz, O Carballiño, Maside e o Balneario de Mondariz recibirá 4,8 millóns de euros; e o Concello de Ourense recibirá 4,2 millóns
- Así o reflexa a recente publicación da resolución provisional da segunda convocatoria do PERTE de dixitalización do ciclo da agua, de acordo coa cal o Ministerio concede axudas por un importe total de 300 millóns a 50 proxectos de toda España, que beneficiarán a máis de 13 millóns de cidadáns
Ourense, 21 de agosto de 2024.- O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) vén de publicar a resolución provisional da segunda convocatoria do PERTE (Proxectos Estratéxicos para a Recuperación e Transformación Económica) de dixitalización do ciclo da auga, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.
Dentro dos 50 beneficiarios provisionais, seleccionados entre as 248 solicitudes presentadas á convocatoria, atópanse dous proxectos que afectan a municipios ourensáns e que recibirán axudas por valor total de 9 millóns de euros.
O primeiro deles é a agrupación formada polos concellos da Cañiza, Melón, Mondariz, O Carballiño, Maside e o Balneario de Mondariz, que recibirá 4.811.115,15 euros, logo de acadar 75 puntos.
Pola súa banda, o Concello de Ourense será beneficiario de 4.297.590,93 euros, ó obter 74 puntos.
Estes proxectos buscan a mellora da eficiencia dos procesos do ciclo urbano da auga a través da súa dixitalización completa, desde a captación, almacenamento e distribución, ata o saneamento e depuración, contribuíndo así a realizar un uso máis eficiente e sostible deste recurso.
- millóns en axudas en toda España
De acordo con esta resolución provisional, o MITECO concederá axudas por un importe total de 300 millóns a 50 proxectos de toda España, que beneficiarán a 1.155 municipios e a máis de 13 millóns de cidadáns. As axudas destínanse a proxectos que abordan a xestión da auga en grandes cidades, pero, principalmente, diríxense a pequenos municipios rurais, chegando aproximadamente a 840 localidades cunha poboación inferior a 5.000 habitantes.
Conforme ao artigo 24.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, ó tratarse dunha resolución provisional, concédese un prazo de 10 días hábiles, para a presentación das alegacións que se consideren convintes, para, unha vez tidas en conta, proceder á publicación da resolución definitiva.
Pola súa banda, o Ministerio xa está traballando na terceira convocatoria destas axudas, que será a través de préstamos ICO, cunha inversión prevista de 635 millóns. Agárdase que a mesma poida publicarse a finais deste ano 2024.