A empresa carballiñesa Gesmedical e a asturiana Gaudium Salud fusiónanse no novo grupo xeriátrico GGSalud

As sociedades Grupo  “ Gaudium Salud “  con sede en  Langreo (Asturias), e  Gesmedical-Dis,situada no Carballiño (Ourense),uniron as súas forzas para conformar  o grupo   GGSalud ( Gesmedical Gaudium Salud),que sumará unha rede de oito residencias  , con 477    camas  e 80 estancias diúrnas, ademáis de ofrecer aproximadamente 50.000  horas  anuais de servizos de axuda a domicilio ( SAD).

Segundo un comunicado da nova empresa a facturación global do grupo alcanza os 10 millóns de euros e suma un persoal de 300 empregados .

AVANTAR ACTIVIDADES


Con todo GGSalud dispón dun plan de crecemento para 2021 e 2022 que prevé duplicar a facturación ata os 20 millóns de euros e a capacidade asistencial ata as 1000 camas.


Con este fin, o grupo asegura que “ xa se pecharon acordos de compra e xestión de varios centros que se materializarán nos próximos meses”. Á fronte da sociedade resultante situarase Paulo González González como administrador único, mentres que a sede social manterase entre Langreo e O Carballiño.

Historia das Sociedades fusionadas

Precisamente, Paulo González González é o actual propietario do Grupo Gaudium Salud, creado en 2016 e liderado pola sociedade Gaudium Gestión. Previamente, González foi xerente da sociedade Geriátricos del Principado, que, en febreiro de 2014, foi adquirida pola investidora hispano-lusa Magnum Capital Industrial Partners ( que a integrou en Geriatros ), asi como administrador da empresa de cátering Visama Restauración, que en 2016 comprou o grupo de servizos Santa Gadea, pero só un ano máis tarde volveu a mans de Jesús Cocina Palacio, que, xunto a González, era un dos donos orixinais da firma e é actualmente tamén un dos socios doutra compañía do sector, CK Senior

Paulo González González é o actual propietario do Grupo Gaudium Salud,

Volvendo a Gaudium Salud, a súa rede compóñena catro residencias, con 243 camas. A primeira delas é o xeriátrico privado “ Cortijo Limonero”, en Pechina ( Almeria ), con 35 prazas, que Gaudium Salud adquiriu en 2018 . Tamén en Almeria, opera a residencia municipal ” Rio Nacimiento“, na localidade de Abla e con 54 camas. Da mesma forma, fai o propio co xeriátrico El Cerro de Andévalo na provincia de Huelva , con 67 prazas e por último o Centro Residencial Nuestra Señora do Fresno en Langreo, Asturias con 87 prazas

Pola súa banda Gesmedical- Dis controla unha rede doutros catro centros, con 234 camas. Opera desde 2016 a residencia “ Quercus” en Leiro ( Ourense ), de 78 camas mentras que unha das súas filiais Agrupager renovou en setembro de 2020 a xestión do anexo da residencia autonómica pública do Carballiño. Que ademais ampliou a súa capacidade de 20 a 50 camas e que explota desde 2015.

Jesús Pérez González Administrador único de Gesmedical-Dis

Este contrato vencia o pasado 31 de decembro , pero podía ampliarse ata 2025. Igualmente Gesmedical fíxose en outubro do pasado ano coa explotación de dous xeriátricos do organismo autónomo Establecimientos Residenciales para Ancianos de Asturias, ata entón integrados na rede da Asociación Edad Dorada – Mensajeros de la Paz.


Tratábase das residencias de Noreña con 56 camas que se adxudicou a propia Gesmedical- Dis e o xeriátrico “ San Francisco y Santa Rita “ en Navia con 50 camas onde fixo o propio outra dos seus mercantís. Grupervaz Asociados ( dentro da UTE Inver- Gruper ).

En lestes dous centros asturianos os contratos teñen catro anos de vixencia. Ademais Gesmedical- Dis fíxose, en marzo de 2021, co servizo de SAD do concello do Carballiño, por un operiodo de dous anos e un importe de 1,83 millóns de euros.

Asi mesmo Gesmedical xestiona os centros de dia de Carballiño e Leiro con capacidade para 105 usuarios
O administrador único de Gesmedical- Dis é Jesús Pérez González. Mentres que o propio Paulo González foi nomeado apoderado desta firma en marzo deste ano.