Esta iniciativa pioneira a nivel de todas as vilas termais de España, ten aberto o prazo de inscrición para que os nómades dixitais poidan solicitar a súa praza para aloxarse e teletraballar 10 días desde un balneario
Este programa, anunciado polo presidente provincial ante a FEMP, terá a súa primeira experiencia en setembro no Balneario de LobiosOs interesados en anotarse para participar nesta primeira experiencia poderán inscribirse a través da páxina web www.termalismourense.com/nomadas
Ourense, 23 de agosto de 2024.A Deputación de Ourense lanza o primeiro programa de termalismo para nómades dixitais en España, unha iniciativa que busca presentar aos balnearios como emprazamentos óptimos para teletraballar e descansar.
Trátase da primeira iniciativa destas características a nivel de vilas termais de España e, probablemente, a primeira experiencia de Europa en ofertar os balnearios como espazo de teletraballo para nómades dixitais.A primeira quenda do novo programa da Deputación comezará o vindeiro 23 de setembro no Balneario de Lobios, ofrecéndolle a posibilidade a nómades dixitais de todo o mundo a teletraballar durante 10 días desde esta infraestrutura termal ubicada na Reserva da Biosfera da UNESCO, na fronteira hispano-portuguesa.
Esta primeira experiencia inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, 10 técnicas termais, espazo común de networking e diversas actividades que contribúan a complementar a experiencia nas horas libres.Os interesados en anotarse para participar nesta primeira experiencia poderán inscribirse a través da páxina web www.termalismourense.com/nomadas.
Compromiso anunciado por Luis Menor na asemblea anual das Vilas TermaisA posta en marcha desta iniciativa chega logo do anuncio do presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, na asemblea anual das Vilas Termais, o pasado mes de xuño en Guitiriz, de levar a cabo un programa que captara aos nómades dixitais como potenciais usuarios dos balnearios.
Foi precisamente neste foro onde se comprometeu a desenvolver un programa orientado a este novo perfil profesional desde a Deputación de Ourense co obxectivo tamén de que esta iniciativa puidera ser replicada despois por outros territorios termais. O obxectivo do presidente provincial é dar visibilidade ás vilas termais e aos balnearios de España como enclaves privilexiados para o teletraballo, dotados de todas as necesidades que poidan demandar este novo perfil profesional que representan os nómades dixitais.