Esta fin de semana Ribadavia volverá atrás no tempo para celebrar a nova edición da súa tradicional Festa da Istoria. O concello de ribadavia xa fixo público o programa de actividades, unha axenda chea de tradición e cultura.
O último de fin semana de agosto, Ribadavia trasládase ao medievo coa Festa da Istoria os días 30 e 31 de agosto e 1 de setembro. Ao longo dos días, o municipio enteiro converterase nun escenario histórico vivinte co Mercado Medieval, o Gran Desfile ou o Nomeamento dos Notables e o Baile Medieval. Dende o Concello de Ribadavia falounos a concelleira de cultura, Yolanda Gómez, quen adiantou unha parte das actividades programadas para este ano.
A celebración comezará o venres 30 de agosto pola tarde e se estenderá ata o luns 1 de setembro, co sábado 31 como o día grande da festa. Este día, Ribadavia dará un paso atrás no tempo para regresar ao seus orixes medievais, cun amplo programa de actividades. Dende a apertura do mercado medieval ata o gran desfile inaugural e a voda xudía, os veciños e visitantes poderán desfrutar de torneos medievais, espectáculos de acrobacia e lume, un xantar medieval, concertos e moito máis. Durante a festividade, os asistentes se vestirán con traxes de época e utilizarán os maravedís, a moeda propia da festa, para vivir unha auténtica experiencia medieval.