Con motivo da súa 40 edición, dáse comezo ao “Ano Cero” das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia. As XOCIVIGA reinventaranse como Festival Internacional de curtas que terá lugar entre os días 20 e 24 de novembro.
Na súa 40º edición, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (XOCIVIGA) reinventarase como un Festival Internacional de curtametraxes, que se celebrará do 20 ao 24 de novembro de 2024 no Carballiño. Baixo o lema “ano Cero”, o festival busca render homenaxe ao seu pasado innovador, adaptándose a súa vez ás novas tendencias do cinema contemporáneo.
O festival contará con varias seccións competitivas: Internacional, Galicia, NovosCreadores e Videos Musicais en Liña, que serán avaliadas por un xurado profesional, un xurado xove e o propio público. Ademais, inclúe seccións non competitivas como Carballiño e Infantil, para destacar tanto o talento local como as obras dirixidas ao público infantil.
Este “Ano Cero” non só marca un novo comezo para XOCIVIGA, senón tamén unha aposta por expandir e diversificar a oferta cultural no Carballiño. Busca consolidarse como referente para o cine en pequeno formato, tanto a nivel local como internacional. Nas próximas semanas, a organización do festival avanzará novidades en canto a programación dos contenidos.