O inminente comezo do curso lectivo motiva ás familias dos escolares a preparar a compra dos libros de texto, que nalguns casos son de difícil acceso polos seus elevados prezos. Neste sentido, a Área de Educación do Concello do Carballiño xa abríu o proceso para facer a convocatoria de axudas económicas necesarias para aqueles pais e nais que o precisen á hora de mercar o equipamento didáctico para os seus fillos e fillas. Un proceso que para o grupo municipal de Espazo Común xa debía estar posto en marcha hai tempo, tendo en conta que xa estamos no mes de setembro e a convocatoria destas achegas podería demorarse de tres a seis meses.
A concelleira de Educación, Lorena Castro, explicounos os pasos que está a dar o seu departamento para poñer en marcha estas axudas.
Por parte de Espazo Común lémbrase que o tema das axudas escolares e o incremento da cuantía destas foi, hai un ano, o acordo ao que chegaron o PSOE e o PP para que os populares se abstiveran na toma de posesión de Francisco Fumega na alcaldía e a asignación e reparto de asignacións económicas aos concelleiros socialistas, tal e como suliña Francisco Fraga, edil de Espazo Común.