‘
O festival “Rock&Poetry” atraxo na tarde do domingo a un importante fato de xente moza ao paraxe natural da Ínsua dos Poetas, ubicado na parroquia carballiñesa de Madarnás. Nesta primeira edición, a organización propuxo combinar a poesía en galego do mozo celanovés Alexandre Corbillón coa música rock en inglés e tamén en lingua galega dos grupos de rock en inglés e lingua galega Atlanticide, Arpías e Fireplug. A presentación do evento correu a cargo de Xabier Castro, director do PEN Galicia, que deu paso a Alexandre Corbillón, que deu lectura a poemas do seu libro “O segredo do trasno”, unha obra que publicará a editorial Aira a finais deste mesmo ano.
O presidente da Fundación Ínsua dos Poetas, Luis González Tosar, valorou esta experiencia de implicación da xente novoa na cultura.
Os partcipantes amosaron a súa ledicia por asisitir a esta primeira edición de “Rock&Poetry”: